Decoración de interiores

|
En primeiro lugar, actualizo porque o meu compañeiro Adrián se decidiu a mandarme un privado avisando de que temos pouca participación. Ben, en segundo lugar, fago unha petición, en concreto a Laura. Sei que che gusta o lila, pero poñer os textos nesa cor dificúltame a lectura, quizais se trate do meu ordenador, non sei. Espero que non che pareza mal que cambiara a branco. Outra cousa, grazas polos comentarios nos que dades a vosa opinión.
Despois destas aclaracións, o tema sobre o que quería escribir é o deseño de casas.
Non sei por que pero encántame imaxinar como decorarei a miña futura casa (se remata a crise e consigo algo de diñeiro, algo bastante...). Creo que o deseño de cada complemento engadido ha de ser sinxelo. O importante é que os mobles sexan bonitos pero que estean en consonancia con todo o demais. Por suposto, as camas e os sofás (eu é o que máis utilizo) sexan cómodos, aínda que non sexan os máis “cool”. Debo confesar que sinto predilección polos sofás de pel branca, así estilo mediterráneo. Non hai que cargar os nosos cuartos con mobles que non dan utilidade nin con multiplicidade de obxectos que o único que farán é estorbar e posiblemente acaben caendo ao chan e raiando a madeira ou escachando a plaqueta. Gústanme as casas cheas de luz polo que para aproveitar a luz natural hai que colocar no sitio adecuado cada elemento e escoller cores cálidas. Agora lévanse moito, por exemplo, as paredes de cores. O branco é o que máis luz reflicte e sensación de claridade non falta, pero tamén o podemos conseguir con amarelos e verdes claros. Dixen xa que o branco é moi mediterráneo? Si, creo que si. Non hai nada como o branco para vivir con paz e tranquilidade.
En canto á cociña, lévase moito poñer os aparellos electrónicos á vista e de aceiro. Moita cor prata para decorar o lugar máis usado polas amas de casa.
Todo isto é tan só un resumo do estilo que me gusta, aínda que me deixo moitas cousas máis.
Aquí deixo unha páxina para ver diferentes estilos (xa nas primeiras fotos se ven os sofás brancos :) )
http://www.decorardecoracion.com/
Nesta outra, destaco o estilo mexicano, un pouco sobrecargado para o meu gusto pero, sería como vivir nunha casa de telenovela ;)
http://www.decoracion-interiores.com.mx/decoracion-interiores.html

E xa sabedes, ano novo, decoración nova. xD

1 comentario:

@adr1kun dijo...

ya me gustaría a mío eso de año nuevo, decoración nueva... a mí me encanta todo esto de la decoración, pero hay q usar remedios anticrisis y algunas cosas, pos habrá q reciclarlas... me gusta ver decogarden, q dan muchas ideas geniales para gastar poco decorando bien, pero nunca las pongo en práctica (nadie lo hace en realidad). Yo de momento me conformo con decorar las casas de mis sims!!