Día de Reis...adeus nadal!

|

Hoxe é a gran noite de Reis (para quen teña a sorte de telos). Como non perdo a esperanza en ningún momento, hoxe á tarde non se me ocorreu mellor cousa que ir ver a cabalgata de Santiago cuns amigos, cousa que fago por primeira vez. Tras vinte minutos pasando frío vimos que xa eramos moi vellos para estas cousas (o bombardeo de caramelos xa non nos entusiasmaba, de feito doia) así que decidimos algo máis axeitado para a nosa idade: ir tomar algo a un bar xD. A cuestión é que de camiño alí puiden fixarme na decoración de múltiples tendas. En xeral as tendas optan por unha decoración sinxela, non moi cargada pois non debemos esquecer que o seu obxectivo é vender produtos co cal a xente debe fixarse neles non na decoración. Hai algunhas que son tan sinxelas que elixen pór unha cinta no escaparate e unha árbore de nadal pequeniña ou como na miña perruquería un detalle familiar (e moi bonito para o meu gusto) que foi poñer ademais un Belén de papel feito pola filla da dona. As tendas máis detallistas normalmente colocan un Belén exultante (en ocasións con material da mesma, unha boa forma de marketing) ou coma no caso do Corte Inglés colosal. Nos caso das tendas de roupa de tirón entre a xuventude (véxase Bershka, Stradivarius,…) óptase por unha decoración máis sobria e un cosmopolita cartel de “Merry Christmas and Happy New Year from…”. Quizais os bares e pubs sexan os establecementos que menos se preocupan pola súa decoración, polo menos aquí en Santiago e arredores. Aínda que iso si, nunca faltan os típicos gorros de Papá Noel. En cambio, como é obvio, as tendas de decoración e de cousas do fogar adoitan ser das máis luminosas, tamén moitas veces pola posibilidade do xa dito antes: poden lucir os seus propios obxectos decorativos para a exposición (e posterior venda) e para decorar. En xeral son os exemplos máis significativos que se me ocorren, non sei se podedes engadir máis. A decoración nos establecementos comerciais nesta época é moi importante pois se xa o é durante todo o ano máis nun tempo no que a atracción do consumidor é esencial. Aínda así non debemos esquecer que unha boa colocación e exaltación do produto tamén é fundamental para o seu éxito no mercado. Como exemplo unha técnica que empregaron en Alcampo para chamar a atención da Caixa Verde, unha caixa ecolóxica na que só se empregan bolsas recicladas que se poden mercar alí e posteriormente reutilizar. Como nadie se daba conta da finalidade da caixa, decidiron transportar as plantas da sección de frutería (non me preguntedes porque estaban alí…) e poñelas no expositor ó lado das caixas en cuestión. Un truco sinxelo que chamaba a atención da xente, xa que esta relacionaba as plantas coa caixa verde e este co pensamento ecolóxico e a idea en cuestión. O problema: as queixas dunha persoa porque nese lugar as plantas non recibían luz e murchaban…


PD: en Alcampo a luz solar non chega a ningún sitio, dou fé. ;)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A min gústame ver decoración de Nadal pero non a principios de novembro jaja
E si, algo sinxelo pero bonito é o mellor, a min non me teñen que vender unha árbore nin un belén (odio os beléns :S) senón que me teñen que vender os seus produtos, como dis ti!
Non che gustou a cabalgata? A min agora xa non tanto pero agacharse para coller os caramelos é toda unha emocion jejeje

un Bico

Vero dijo...

Bos reis magos días¡¡

xDD. Despois de abrir os meus regaliños, decidín conectare un pouquiño a este mundo cibernético e encontrei unha actualización nova e dixen, pois vou comentar.
A verdade que agora que falas da caixa verde, engaña un pouquiño, encima convéncenche co comentario (imaxino que ti tamén o farías) de que a tes que traer cando vaias comprar sempre, así aforras e é ecolóxico. Pero, ¿cantas persoas se acordan de levar a bolsa da casa, especialmente neses establecementos onde as cobran a 3 céntimos, enténdase, Dia ou Familia?Eu son incapaz de acordarme, a verdade, pero que conste que unha vez comprei a bolsa esa ecolóxica pero agora sabe dios onde vai... O mellor é que cando chego á caixa e me cobran as bolsas sempre digo, "para a próxima traemos a bolsa", xa non é cuestión de aforrar senón que na casa xa non teño onde metelas. xD

E falando de decoracións, ten razón Noelia, algúns establecementos teñen xa a decoración dende novembro, pero é moito peor noutros países, xa que cando eu fun a Londres, por exemplo, en Harrods xa estaba todo decorado a principios de setembro, iso si que me parece algo forte. E esas casas americanas que comezan a decorar todo en marzo... Hai de todo neste mundo,a verdade é que sí, a min gústame moito a decoración navideña, pero o xusto, non moi sobrecargado, pero claro, estou dacordo en que os establecementos aproveiten para mostra-los seus produtos, en xeral pasa con todo, como as rapazas que traballan nas tendas de roupa, son maniquis andantes, só para que as vexas e digas, "mm, que ben lle queda, voulle preguntar en que sección está"jajaa. ¿Nunca vos pasou?

Ehh...creo que xa me estou enrollando moito e teño que ir xogar cos regalos, así que ata outro día, bueno, dous días exactamente :S

Bicos e apertass

Anónimo dijo...

Bueno, dou fé de que podes dar fé Laura, xD.

Sobre o tema da decoración... Penso que cada vez todo é máis repetitivo e cansino. Xa non falemos do Corte Inglés, que repite decoración dende que naceu, senón do resto de tendas nas que os adornos adoitan ser demasiado semellantes. Na decoración de Nadal viña ben unha boa transformación.

Sobre a cabalgata... que che vou dicir, e que non viñeches á Coruña, se me viras a min correr detrás de Baltasar... Para o ano que ven estás invitada, ofrezo ver 35 maravillosas carrozas.

Bicos!

boxi dijo...

Estou totalmente dacordo con Álvaro. A medida que te vas facendo vella (argggggg) daste de conta do repetitivo que se fai a historia esta da navidade, todo o rollito da decoración, arbolitos, belenicos, lucecitas e demais historias. Todos os anos é o mesmo, faise excesivamente repetitivo.

No caso de El Corte Inglés, dou fe que a decoración é practicamente tódolos anos a mesma, pero xa sabemos a ansia de reciclaxe para preservar a natureza do Corte Inglés(MENTIRA!!!!! realmente é porque son rañados como eles sos e con tal de non gastar son capaces de empregar a mesma decoración ata que se descompoña co paso dos anos xD)

Penso que unha renovación non estaría mal, pero non podemos esquencer que o nadal é pa quen é. Para os nenos, todo este invento para gastar cartos é o mellor que existe e ver a ilusión que lles fai o rollito dos arbolitos, belenicos, lucecitas e demais historias lévame a pensar que é absurdo poñerse a cambiar o funcionamento do nadal.