A linguaxe HTML

|
No tema 4 sobre o HTML ademais dunhas nocións orientativas sobre esta linguaxe en si trátase a oposición entre as páxinas estáticas e dinámicas. Nesta parte eu entendín que mentres que o HTML é propio das primeiras para as segundas desenvolvéronse novas linguaxes e tecnoloxías que as fan máis atractivas. Pero o que si non acabei de comprender moi ben é a diferenza entre as linguaxes e tecnoloxías que funcionan no plano do cliente e do servidor. Que diferenza hai entre un e outro ámbito? Porque as linguaxes JavaScript, os plug-ins ou unha animación Flash traballan no ordenador cliente?