Sobre o proxecto web

|
Como xa sabedes (e así o anunciamos) os membros deste blog decidimos que a nosa páxina web se centraría no lanzamento dun novo grupo musical. En principio só sabiamos que o grupo sería inventado de xeito que foramos os protagonistas en todos os sentidos. Posteriormente, determinamos máis a idea e acordamos que se trataría dun grupo para ó público infantil.
Ademais de ofrecer música ós pequenos (iso si, adaptada á súa idade e non ó que parece que ofrecen todos, é decir, a idea de que xa de pequenos son uns adolescentes) queremos transmitir coas nosas letras e estética hábitos saudables. Por exemplo cada membro identificarase cunha froita.
Á hora de buscar referentes, atopamos diversas páxinas que nos gustaron como a de Andrés Calamaro (http://www.calamaro.com/ac/ac.asp), Shakira (http://www.shakira.com/), Madonna (http://www.madonna.com/), Backstreet Boys (http://www.backstreetboys.com/), Erre Way -se ben a forma de distribuir os contidos, a tipografía, etc. non nos parece a mellor- (http://www.erre-way.com) e a páxina para nenos http://centros3.pntic.mec.es/cp.jorge.manrique2/Otraspaginas/2principal.htm.
En cambio, non nos pareceron bos modelos a seguir a páxina do grupo infantil Bom Bom Chip (http://usuarios.lycos.es/peircing/), a páxina das Spice Girls (http://www.thespicegirls.com/), Enrique y Ana (http://www.arqmauh.es.tl/), do grupo Onda Vaselina (http://www.geocities.com/SunsetStrip/Backstage/8979/menu.html), de Hannah Montana (http://www.hannahmontanazone.com/) e a páxina do programa “Los algos”, de Cuatro (http://www.cuatro.com/losalgos/).
Tendo en conta isto, tentaremos coller o mellor das que nos gustaron e evitar caer no erros das que non. A ver en que queda a cousa pero pola nosa parte vamos tentar explotar ó máximo o noso inxenio e, por suposto, a nosa vea infantil! ;)

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿que hai en cada unha desas páxinas? ¿por qué esas e non outras? ¿qué atopastedes nelas, positivo e negativo? Onde está esa revisión necesaria para manexar unha boa documentación.
marotlo