A importancia dun bo deseño

|

Deseñar non é só algo estético. A estética é importante para atraernos pero cando temos un obxecto nas nosas mans comezaremos a valorar a facilidade de uso. Por iso os deseñadores deben ter en conta as nosas necesidades e prioridades. Así non só poderemos presumir de algo "fashion" senón a súa comodidade, funcionalidade, utilidade, etc. Se estes dous puntos non converxen poden obter un rexeitamento do consumidor. Exemplos cotiáns: auriculares, que non encaixan ben nas orellas e caen. “Abre fácil” do cartón do leite, que non se poden abrir coas mans e recurrimos a cortar coas tesoiras e ao final sempre acaba derramándose un pouco de leite. Igual que os que teñen anel, que tiras por el e acabas bañandote en leite ou simplemente foi un falso intento e quedou no mesmo sitio, sairía defectuoso? Ou os contenedores sen pedal, xa que coas mans ocupadas é difícil abrir a tapa e tirar todo sen que caia algo ao chan. Etiquetas de roupa, longas, incómodas e posiblemente innecesarias. A parte central da caixa dos CD´s, dura, que fai difícil a extracción do disco, polo que, acaba rompendo, non sen antes ter a sensación de que vas romper o propio CD. Pero non todo vai ser negativo. Un bo exemplo de deseño e satisfación do consumidor: starbucks. Con pequenos e innovadores detalles afianzaronse como referente para o público e actualmente conta con máis de 9200 establecementos en máis de 36 países.

1 comentario:

Victimista dijo...

A verdade é que Starbucks arrasa... iso si, sempre que te guste o café, cousa que a min non, eu prefiro os cafés italianos que son case como chupitos de café negro, negro. Polo menos non tardas nada en tomalos.

Agregados quedades ;)