Deseñando Facultades.

|

Benvidos á facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Unha obra do recoñecido arquitecto portugués Álvaro Siza. Cando entren teñan en conta que pisan chan premiado pero coidado, non esvaren. É un diseño non pensado para días chuviosos nin para zapatos de tacón. Póñanlle goma ao seu calzado, é o mellor. Pero claro, se deixaran os paraugas no obxecto indefinido da entrada non estaría todo mollado. Que non se deran conta para que servía? Non se preocupen, eu tampouco. Probablemente as bicicletas colocadas no “paragüeiro especial” fan que nos despistemos. Ou tamén pode ser que teñan sorte e poidan entrar pola saída de emerxencia e xa non vexan o citado instrumento. Aínda que non creo, porque esa porta seguro que está pechada, sobre todo polas mañás, o que nos pon de mal humor aos que vimos daquela dirección. De todas formas, se é unha saída de emerxencia, por que hai un felpudo? Non creo que se necesite, porque todo dentro está moi limpo, a verdade. A min non me engana o señor arquitecto, seguro que sabía que ninguén ía respectar iso de “emerxencia”, e moito menos o de “saída”. Ben, afastémonos de portas e vaiamos directos á comodidade, xa que probablemente estean cansos. Non pensen que van atoparse moi a gusto nas cadeiras…porque o respaldo deixa moito que desexar, e mais se teñen que estar coma nós seis horas seguidas alí inmóbiles. Tranquilos se rompen unha cadeira, non foron vostedes os culpables, son tornillos pouco resistentes. Están perdoados. Pareceralles moi orixinal a rampa do edificio. Dá sensación de grandes espazos, algo que sen dúbida é un punto forte da facultade. Pero non todo pode ser bo e se ten que desprazarse en cadeira de rodas, non lla recomendo porque poden acadar gran velocidade e non é plan de facer carreiras semellando Fernando Alonso. Hai máis cousas ben deseñadas. A luz natural está moi ben distribuída, grandes ventanais na planta baixa que nos fan ver con máis claridade. O lado negativo, a deficiente luz artificial. Esta é unha crítica que intenta facer reflexionar sobre os problemas que poden ter algúns edificios, aínda que sexan ideados por grandes arquitectos e, xa que estamos, para que cando poidan intenten modificar algo. Espero que lles gustase esta “visita” pola nosa facultade, sempre serán ben recibidos.

2 comentarios:

botalleterra dijo...

si... a porta esa pechada é bastante molesta para os k entramos por ahí!!!

e con respecto da iluminación, estou de acordo que na nosa facultade hai moita iluminación natural si, pero cando vai mal día non hai quen vexa... porque as luces están moi baixas.

iso sen falar da biblioteca, creo que é a biblioteca máis ruidosa de toda Galicia, espero que a do Gaiás sexa máis óptima para estudar porque esa...

pero bueno dentro do que cabe, unha vez que te adaptas creo que é moi acolledora!

alvaro.anconitana dijo...

Os que teñen emerxencias non teñen dereito a un felpudo? Ten as súas cousas boas e as súas cousas malas, eso está claro.