A linguaxe HTML

|
No tema 4 sobre o HTML ademais dunhas nocións orientativas sobre esta linguaxe en si trátase a oposición entre as páxinas estáticas e dinámicas. Nesta parte eu entendín que mentres que o HTML é propio das primeiras para as segundas desenvolvéronse novas linguaxes e tecnoloxías que as fan máis atractivas. Pero o que si non acabei de comprender moi ben é a diferenza entre as linguaxes e tecnoloxías que funcionan no plano do cliente e do servidor. Que diferenza hai entre un e outro ámbito? Porque as linguaxes JavaScript, os plug-ins ou unha animación Flash traballan no ordenador cliente?

6 comentarios:

Anónimo dijo...

As linguaxes e tecnoloxías que traballan no servidor son as que contribúen ao desenvolvemento da web dende o ordenador no que se realiza. As que traballan no ordenador de destino, no do usuario, son aquelas que necesita este para poder disfrutar de todos os contidos da web.

Un exemplo moi sinxelo: Cando nos creamos un arquivo Flash, cuxa extensión final como arquivo é .swf, este formato ten que ser executado dende o ordeanador do cliente, e polo tanto é necesario que o usuario teña na súa computadora a tecnoloxía necesaria (descompresor deste tipo de arquivo) para poder visualizalo.
Pola contra, cando creamos ese arquivo Flash, queda gardado no noso ordenador en extensión .fla. Este formato non ter por qué ser lido polo ordenador do usuario porque non o necesita. En cambio nos (servidor), sí necesitamos dispoñer do software que lea este tipo de arquivo (neste caso calquera edición do editor de flash).

Bicos!

Laura dijo...

Gracias!:)

Lauchian dijo...

viva o flash! pero viva a accesibilidade do HTML!

Anónimo dijo...

Está ben a idea de pechar as bitácoras por peche de actividades.
Tamén hai que recordar a estrutura de carpetas que fixamos previamente e que en cada carpeta só estean os arquivos necesarios. Hai que limpar o que non sirva.
marotlo

Anónimo dijo...

Un único servidor serve a unha multitude de clientes, aforrando o ter que ter a información instalada e almacenada no ordenador local. Hai aplicacións como bases de datos ou formularios que esixen un procesamento da información máis complexa e que é preferible almacenala nun ordenador remoto para que las conexións se poidam efectuar.
Cando pinchamos sobre un enlace hipertexto, o que pasa é que establecemos unha petición dun arquivo HTML residente no servidor (un ordenador que se atopa continuamente conectado á rede) o que é enviado e interpretado polo noso navegador o cliente.
Pódese falar de linguaxes do lado do servidor, os que son recoñecdiso, executados e interpretados polo propio servidor e que se envían ao cliente nun formato comprensible para o usuario. As linguaxes de lado do cliente (entre as que se atopa o HTML, algunha utilidades de Java, JavaScript, Flash, que se inclúen sinxelamente entre o código HTML) son os que poden ser usados e dixeridos polo navegador e non necesitan un tratamento previo.
marotlo

Anónimo dijo...

A entrega e presentación dos proxectos será o vindeiro mércores, día 18, ás 17:00, na AI6.
Na presentación hai que contar:
- Razóns da elección do contido
- Razóns da elección do deseño. Rasgos diferenciadores
- Razóns do interese dó sitio
Aproveito para informarvos do taller:

Obradoiro de Técnicas de Animación Dixital (Flash)

Programa
Teoría da animación. Técnicas de animación con Flash. Fundamentos básicos da animación. Animación tradicional. Animación de símbolos. Animación con fontes
Conceptualización de proxectos e comprensión dos mecanismos da animación. Storyboard dixital. Aspectos básicos de programación en Action Script

Horas: 30

Horario: De 17:30 a 20:30 horas

Datas de realización: Do 14 ó 29 de abril

Periodo de preinscricion: Do 23 ó 28 de marzo

Lugar de preinscricion
Secretaría do Departamento de Ciencias da Comunicación (3º andar). Facultade de Ciencias da Comunicación.
Teléfono, 981 563100, extensión, 16522

Período de matrícula: Do 30 de marzo ó 7 de abril

Profesorado: Fran Pedreira

Número de alumnos
- Mínimo: 13
- Máximo: 23

Prezo matrícula: 70 euros.

1 crédito de libre configuración
marotlo