Idea proxecto web

|
Comeza a reunión do grupo na sala wifi da facultade. Moitas ideas, algunha sen xeito nin traza, e ao final decidimos que nos encargaríamos de apoiar a un novo grupo musical. Non se trata do de Fabio… Nós, ademais de crear a páxina, teremos o traballo de fundar o grupo. Non somos cantantes, sabémolo…pero, para qué enganarnos, hai moitos “cantantes” que non teñen boa voz e incluso te preguntas continuamente como conseguirán tanto éxito. Quizais sexa pola promoción, apoio económico e como non, contar cunha páxina web que chame a atención e consiga que o público se enganche. A páxina, en principio, contará coa estrutura común pero queremos introducir, se é posible, algo que permita aos fans (que serán moi numerosos jajaja) identificarse con cada un dos compoñentes do grupo. Estes terán unha personalidade e estética moi diferente, co que conseguiremos reunir a diferentes estilos nun só grupo! Algúns chamarannos frikis e outros tolos, ou non sei que máis, pero eu agora estou moi ilusionada! Cando comece o traballo duro irei poñéndome pesimista, coma sempre. Se tedes algunha suxestión será moi ben recibida. Vero Costamar, queres ser a artista que apadriñe ao grupo no seu primeiro traballo? Sei que si (;

2 comentarios:

Vero dijo...

Ola rapaces¡¡¡

A vosa idea é marabillosa, e bueno quero facerme un pouco de rogar pero como por aquí non mola vale, acepto o que me propoñades¡¡ jeje. ¿Que teño que facer exactamente? Se queredes cartos ides por mal camiño, jajaja.Veña, sabedes onde estou... VEro-botalleterra.blogspot.com ou
http://www.myspace.grupocostamar.com

Bikiños¡¡¡

beatriz.anconitana dijo...

A verdade é que estou desexando ver que facedes co grupo, estou intrigadísima por saber quen seran os cantantes e músicos.
Unha idea, cada membro do grupo podería ter un espazo reservado dentro da páxina con fotos e todos os seus datos, para os fans acérrimos que queiran sabelo todo dos seus ídolos. Tamén poderiades incluír unha tenda online co disco e o merchandising do grupo.
Creo que cun pouco de esforzo consigueredes facer algo orixinal. Sorte!

un bico para todos