Mission Impossible Fallout Full Movie Images
Hace 8 años

Estamos en época de rebaixas, e cando todo o mundo escoita esa palabra pensa nun dos grandes almacéns máis importantes do país: El Corte Inglés.



s axeitadas,...). Pero o obxectivo co que foi creado é puramente estético pois poderíase dar a coñecer un filme colocando o seu título acompañado dunhas breves referencias sen máis . E isto non acontece. O que se busca, e cada vez máis, é impactar, impresionar, que a imaxe sexa suxerente, atractiva e que o mesmo tempo nos transmita a esencia
e espíritu da película que se presenta. Coma en todo, o intento de superación continua, de facer algo máis orixinal que o anterior deu lugar por unha parte a unha nova arte e á aparición de carteis que funcionan como verdadeiros iconos. Pero por outras, esta competencia tamén deu lugar a composicións que tentando causar o máximo impacto posible no espectador foron rexeitadas pola súa “inmoralidade” e incluso censuradas. Sexa como sexa a relevancia deste tipo de deseño actualmente é clara. Ou alguén pode dicir que non recoñece ningún dos exemplos? ;)


Desde hai uns anos podemos ver polas rúas a numerosas persoas con camisetas do máis chamativas,camisetas cunha identidade propia. Empresas coma Rei Zentolo, Caramuxo, Lobisome, Manis ou Nicetrip, son as culpables desta nova tendencia. O seu éxito débese a que mediante as súas camisetas reflexan o humor galego, un humor moi singular e dificil de entender para os de fóra. Funcionan como unha etiqueta alternativa fronte a outras empresas galegas de roupa como o grupo Inditex. Os seus deseños baséanse en frases galegas de caracter popular, como ¿e logho ti de quen ves sendo?,¡cousa bonita chico!,ou ¡ei carballeira!, son deseños que se inspiran na coñecida retranca galega. Pero os seus deseños non sé quedan só aí senón que tamen xogan con iconos ou marcas de multicioniais,ás que lle introducen un toque galego, como Lacoste ou Nike. A aposta por este tipo de prendas levou a estas empresas a crecer dunha maneira inesperada en tan pouco tempo, chegando a introducir outro tipo de productos coma tazas,roupa de bebés e gafas de sol. A pesar deste avance as empresas seguen a postar por un deseño que reflexe unha identidade propia, que se basea na defensa de estilo propio coma cultura.


Copyright © 2008 lineasincobertura
Diseño de Styleshout
| Plantilla blogger por
Blog and Web